28/08/2026
1ª Nacional na final da Copa Galicia
🏆 Chegou a gran cita!
O vindeiro domingo, 30 de agosto, o noso equipo de 1º Nacional disputará a final da Copa Galicia.
Despois de todo o traballo, esforzo e ilusión demostrados ao longo da competición, o equipo chega a esta gran final con moitas ganas de competir, desfrutar e loitar por levantar o título.
Será un día especial para o noso club e para toda a nosa familia deportiva. 💙
Animámosvos a acompañar ao equipo e a facer sentir o voso apoio desde a bancada!
💪 Moita sorte, equipo!
Xuntos, ata o final! 🏆
📅 Domingo, 30 de agosto
🕐13:00h
🚩Pabellón Municipal Gustavo Rodríguez de Tui
