50 anos ao teu carón
01/09/2026

50 anos ao teu carón

Para camiñar xuntos cara adiante, hai que mirar atrás e lembrar de onde vimos. Porque só quen coñece de onde ven entende quen é de verdade.


Bueu somos os que estamos hoxe, pero tamén todos os que loitaron antes ca nós.

Somos a pachanga da Banda do Río.

Somos os que soñaban cun pavillón cando parecía imposible.

Somos os que non chegaban para formar equipo.

Somos os do “xa virán tempos mellores”, que nunca deixaron de crer mentres traballaban por eles.

Somos os que cada tempada pelexaban para que non fose a última.

Somos as primeiras rapazas que abriron camiño.

Somos todos os que, día a día, deixamos un pouco de nós nesta entidade.


Porque Bueu somos todos: de pais a fillos, de nais a fillas, de avós a netos… de directivos a afección… de xogadores a cada persoa que cruza a nosa porta.


Esta tempada celebramos máis ca un aniversario.

Celebramos identidade, orgullo e pertenza.

Celebramos 50 anos de historia construída entre todos.


Feliz 50 aniversario.

E feliz comezo ás nosas rapazas, que xa están a escribir o futuro de Mareiras Bueu Atlético 💙


🪪 Faite socio en https://bueuatleticobalonman.com/socio

Imagen