Setembro, mes de probar
O Bueu Atlético Balonmán e o Mareiras Bueu Atlético queren invitar a todos os nenos e nenas a descubrir a maxia do balonmán. Durante todo o mes de setembro, os nados e nadas entre os anos 2009 e 2022 teñen a oportunidade de probar este deporte de forma totalmente gratuíta.
O balonmán é unha disciplina que fomenta valores fundamentais para o crecemento persoal como o compañeirismo, o respecto, a disciplina e o traballo en equipo. Probar unha nova disciplina deportiva a estas idades é unha aventura fantástica.Permítelles saír da súa zona de confort, descubrir novas habilidades motoras, mellorar a súa saúde física e incluso facer amizades duradeiras nun ambiente saudable e seguro.
Non importa se nunca antes colleron un balón; o único requisito son as ganas de aprender e de pasalo ben. Agardámosvos cos brazos abertos para que formedes parte da nosa gran familia deportiva! Só tes que cubrir un formulario e asistir ao adestramento que corresponda segundo a idade. Nesta web tes o horairio de adetramento. Ven probar!.
